Diario de aula: Halloween con TD Snap e Motor plan

 


Hoxe na aula celebramos Halloween, e traballamos con vocabulario en inglés usando o comunicador do meu alumno, un verdadeiro artista.

Comezamos coa ficha de palabras e debuxos: tiñamos dúas opcións para cada imaxe e o alumno debía escoller a correcta. Por exemplo, diante dunha bruxa, debía decidir entre witch e bat… e escolleu witch

O comunicador impulsa os momentos de participación e motivación, porque o neno premía o botón do comunicador e vía os resultados inmediatamente.

Entramos na carpeta de “días especiales”, creamos un enlace para traballar na sesión nunha cuadrícula nova para introducir vocabulario de "Halloween", e o alumno foi editando palabras, colaborando con un compañeiro e escribindo no teclado. Así, a actividade non só era máis divertida, senón tamén interactiva. 

Despois xogamos co vocabulario a través dun conto de Halloween, que mostraba as palabras da ficha de forma divertida. O alumno puido responder preguntas, subir o volume do comunicador e participar activamente, demostrando que a comunicación aumentativa potencia a aprendizaxe e a motivación.

Con isto quero destacar que con ferramentas adecuadas todos os alumnos poden participar plenamente. Por non falar de que a pronunciación do comunicador en inglés é moito máis fiable que a de esta que escribe. 😅🤣






Aquí unha pequena parte do día a día!

 E ti, como lle sacas partido ao comunicador na aula? 


Comentarios