Duplicidade sen querelo: aprender creando
Como interlocutores é importante coñecer o paquete de cadrículas do usuario para poder modelar e planificar con sentido. Pero comprendelo a fondo leva tempo, e no camiño é normal cometer erros.
Ao principio, eu mesma sempre busco ca lupa do comunicador se a palabra que me interesa xa está engadida, así evito repetila... a non ser que decida facelo de maneira consciente, porque me interesa tela en distintos lugares.
Hai pouco, por casualidade, atopei a categoría do espazo e, dentro dela, os planetas. Resulta que o outro día xa crearamos unha categoría distinta para o mesmo. Unha duplicidade sen querer.
E isto recórdanos algo: na práctica, é fácil esquecer a teoría e encher o comunicador da mesma palabra en mil sitios. Nese proceso pérdese un pouco o deseño e a organización, tan importantes para o aprendiz.
Pero, ollo! O que quero transmitir é que non pasa nada. Temos que perder o medo a equivocarnos. O comunicador perfecto non existe desde o primeiro día: fórmase pouco a pouco, moldeándose coa experiencia e coa interacción entre usuario e interlocutores.
Quizais finalmente o usuario empregue máis a carpeta creada recentemente, sobre todo porque a fixo súa e editouna con orgullo. E que faremos entón coa duplicada? Pois nada, deixámola vivir un tempo. Co uso iremos vendo qué precisa, qué prefire, e qué fai propio. Porque é a súa voz.
🔑 O importante é personalizar paso a paso, ata que o comunicador se pareza ao usuario, se exprese como el e sexa unha ferramenta que realmente lle represente.
Que sexa un signo identitario! 💪
E ti, que experiencias/anécdotas tes no camiño de personalizar o comunicador?
Comentarios
Publicar un comentario