Non te fagas dependente do contexto, fórmate! (gallego y castellano)

 


Bos días, queridos lunáticos e lunáticas!

Estaba eu pensando esta mañá en algo que me dixo un pai nun curso que din ás familias sobre CAA:

“E ti, onde traballas?”

Todos rimos moito con esa pregunta. Pode parecer divertida, pero a realidade é que hai familias que levan aos seus fillos a determinados centros pola fama dunha mestra ou dun mestre, ou simplemente pola fama do colexio. Unha fama que, moitas veces, é impostada e nada ten que ver coa realidade.

Por que penso que esta non é a solución?

Primeiro, porque pode que nos levemos un chasco. Quizais levamos ao noso fillo ou filla a un colexio por unha persoa determinada, e ao mellor esa persoa non o atende, e despois resulta que estaría mellor no centro da súa zona. Segundo, porque as familias non deberiades facervos dependentes do contexto.

"A comunicación é un dereito, non un luxo."
— Beukelman & Mirenda (2013)

Penso que tedes que formarvos en CAA, xa que sodes os principais socios de comunicación dos vosos fill@s e a figura estable nas súas vidas. Vós sodes a súa raíz. E, como toda raíz, se está forte e nutrida, permite que calquera rama medre, mesmo nos ventos máis adversos.

Ademais, creo que deberiades elixir o centro da vosa zona para que a vosa crianza poida facer amizades no seu entorno e ter unha vida social máis alá do colexio e preto da casa. Porque o que queremos non é só inclusión escolar, senón presencia e participación social.

O foco, a clave, está en coñecer o camiño e esperar que se siga no centro ao que vaia. Que haxa continuidade. Que non haxa heroe ou heroína salvadora, senón equipos que acompañen con sentido e compromiso.

Ningún profesional ten que cargar co peso de ser o único da comarca “que o faga ben”. Ningún mestre ten o poder de salvar a ninguén. Todos temos a capacidade de formarnos, acompañar e cumprir coas nosas funcións.

A educación de calidade non debería ser unha lotaría, senón un dereito que non dependa do azar nin da sorte.

Cando as familias vos formades, podedes identificar desde que modelo traballa o mestre ou mestra que está cos vosos fillos e fillas. E podedes reivindicar o dereito a recibir unha atención baseada no modelo de participación, e a contar cos apoios necesarios para desenvolver a súa comunicación e educación.

Pode soar moi idílico todo isto, pero lonxe de ser un soño, penso que é o único camiño para acadar o que tanto ansiamos: unha educación de calidade para todos, en calquera lugar e en calquera momento.

Que queremos conseguir a longo prazo?

Se a resposta é unha sociedade máis aberta, máis inclusiva, máis amiga…
entón non esperemos máis: loitemos polos nosos dereitos.


E ti... Que opinas?

Deixame o teu comentario! 


📚 Referencias recomendadas:

  • Beukelman, D.R., & Mirenda, P. (2013). Augmentative and Alternative Communication: Supporting Children and Adults with Complex Communication Needs (4th ed.). Paul H. Brookes Publishing.

Esta obra destaca que a intervención en CAA non pode depender de contextos illados ou persoas concretas, senón dunha rede sólida de formación e compromiso colectivo.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

No te hagas dependiente del contexto, fórmate

¡Buenos días, queridas lunáticas y lunáticos!

Estaba yo pensando esta buena mañana en algo que me dijo un padre en un curso que di a familias sobre CAA:

“¿Y tú dónde trabajas?”

Nos reímos mucho con esa pregunta. Puede parecer divertida, pero la realidad es que muchas familias llevan a sus hijos a ciertos centros por la fama de una maestra o un maestro, o simplemente por la reputación del colegio. Una fama que, muchas veces, está construida sobre expectativas idealizadas y que poco tiene que ver con la realidad.

¿Por qué pienso que esta no es la solución?

Primero, porque podríamos llevarnos una decepción. Tal vez llevamos a nuestro hijo o hija a un colegio por una persona concreta, y resulta que esa persona no lo atiende, y acabamos viendo que habría estado mejor en el centro de su zona. Segundo, porque las familias no deberíais haceros dependientes del contexto.

"La comunicación es un derecho, no un lujo."
— Beukelman & Mirenda (2013)

Creo que tenéis que formaros en CAA, porque sois los principales socios de comunicación de vuestros hijos y la figura estable en sus vidas. Sois su raíz. Y una raíz fuerte y nutrida permite que cualquier rama crezca, incluso con viento en contra.

Además, pienso que deberíais escoger el centro de vuestra zona para que vuestra criatura pueda hacer amistades en su entorno y tener una vida social más allá del colegio y cerca de casa. Porque no se trata solo de inclusión escolar, sino de pertenencia real.

La clave está en conocer el camino y confiar en que se siga en el centro al que vaya. Que haya continuidad. Que no existan héroes o heroínas salvadoras, sino equipos comprometidos que acompañen con sentido.

Ningún profesional debe cargar con la responsabilidad de ser “el único que lo hace bien” en toda la comarca. Ningún docente tiene el poder de salvar a nadie. Todos tenemos la capacidad de formarnos, acompañar y cumplir con nuestras funciones.

La educación no debería ser una lotería, sino un derecho garantizado, independientemente del lugar o las personas.

Cuando las familias os formáis, podéis identificar desde qué modelo trabaja el maestro o maestra que está con vuestros hijos. Y podéis exigir el derecho a recibir una atención desde un enfoque participativo, con los apoyos necesarios para que puedan desarrollar su comunicación y su educación.

Puede sonar idílico todo esto, pero lejos de ser un sueño, creo que es el único camino posible para lograr lo que tanto deseamos: una educación de calidad para todos, en cualquier lugar y en cualquier momento.

¿Qué queremos conseguir a largo plazo?

Si la respuesta es una sociedad más abierta, más inclusiva, más amable…
entonces no esperemos más: ¡luchemos por nuestros derechos!


Y tú... Qué opinas? 

Déjame tu comentario! 


📚 Referencia recomendada:
Beukelman, D.R., & Mirenda, P. (2013). Augmentative and Alternative Communication: Supporting Children and Adults with Complex Communication Needs (4th ed.). Paul H. Brookes Publishing.

Esta obra destaca que la intervención en CAA no puede depender de contextos aislados ni de personas concretas, sino de una red sólida de formación, compromiso y continuidad educativa.

 

Comentarios