Moitas familias teñen nenos e nenas que non poden comunicarse con fala, ou que teñen unha linguaxe oral moi limitada. Pero iso non significa que non teñan cousas que dicir. De feito, teñen moitas ganas de saír da súa cárcere de silencio.
A comunicación aumentativa e alternativa (CAA) é unha ferramenta clave para darlles voz. E se ademais usamos o enfoque da linguaxe natural asistida (LNA), o éxito está asegurado!.
Que é a CAA?
A CAA é calquera método, idea, estratexia, recurso que aumenta ou substitúe á linguaxe oral. Pode incluír:
-
Xestos, sinais ou expresións.
-
Pictogramas ou fotografías.
-
Dispositivos con voz (comunicadores dinámicos).
Emogis e mensaxes por texto.
Sinais de tráfico.
Pulsadores.
etc.
Que é a LNA?
O método de linguaxe natural asistida consiste en que a persoa adulta sinala palabras no comunicador mentres fala normalmente. O neno ou nena aprende cómo funciona o seu sistema vendo e escoitando aos modelos.
Non se trata de “obrigar a usar o comunicador”, senón de dar exemplo, modelar e expoñer á linguaxe.
Algunhas claves para modelar na casa:
-
Modela sen esixir: usa o comunicador ti, sen pedir que o faga o neno/a. Non presiones ao aprendiz, cada un ten o seu ritmo. Debemos ser respetuosos cos tempos de cada usuario ou usuaria. O foco está en nós, nós temos que usar o sistema.
Crea situacións reais: durante a merenda, xogando, no baño... Non hai que crear actividades para traballar o comunicador. O que temos é que modelar en calquera momento do día, non precisa ser creado especificamente para o uso do comunicador. Podemos modelar linguaxe nun pasillo, no mercado, lendo un conto, tirando pan aos patos. Sempre que existe comunicación podemos modelar.
-
Acepta todas as formas de expresión: miradas, xestos, sons... todo conta. Se nos fala de outras maneiras está ben. O obxectivo é aumentar a comunicación do neno ou nena, danos igual a maneira. Igualmente podemos modelar esa comunicación para que siga aprendendo.
-
Ten paciencia e sé constante: como aprender a falar, leva tempo. Esto non é maxia, levará tempo. Algúns nenos tardan ata meses en achegarse ao sistema. Esto é unha carreira de fondo. e na maioría dos casos para toda a vida. Tomádeo con calma e pouco a pouco veredes os progresos.
-
Usa o sistema en todos os contextos: escola, fogar, lecer. Canto máis tempo esté o comunicador accesible máis poderá aprender o neno. Non perdas oportunidades. Cando os nosos fillos aprenden a falar linguaxe oral están expostos a esta modalidade de comunicación todo o tempo, as 24 horas do día. Os nenos e nenas que están aprendendo a CAA precisan o mesmo tempo de exposición ao seu sistema. INMERSIÓN LINGUÍSTICA!
-
Celebra cada intento de comunicación: dar sentido ao que din é o máis importante. ESCOITADE AOS VOSOS FILLOS, lede a súa comunicación e establecede conexións sólidas, esto é o máis importante. Sentirse ben emocionalmente é vital para os nenos.
Frases que axudan cando estás modelando
-
“Mira, vou dicilo eu aquí”
"Jo, eu non me lembro de onde están as palabras, anda! pero se hai unha lupa"
-
“Non fai falla que o digas, só quero ensinarche”
"Este comunicador mola, podes elixir ata galletas para comer"
-
“Podes dicilo se queres, ou só mirar”
"Deixasme probar a escribir letras? Aquí hai un teclado..."
-
“Así tamén podes falar cando o necesites”
"Vou entrar na carpeta de xoguetes, a ver se hai algún que me guste..."
Comentarios
Publicar un comentario