Ola de novo!
Esto é un non parar, pero é o que ten ter tantos alumnos e alumnas especiais, que cando rematas un material para un neno, ocórreseche outra cousa para outro . É importante traballar os obxectivos de mil maneiras distintas, e tamén, adaptarnos aos seus intereses .
Un dos meus alumnos está obsesionado cos puzzles, e como estamos traballando vocabulario básico en castelán pois alá que fun a transformalo en puzzles, e parece que así o traballo costoulle menos.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades en qué consiste o material, e coma sempre, tamén vos deixo os enlaces por se alguén o quere descargar para darlles uso na casa ou na súa aula.
Espero que vos guste, o alumno quedou encantado!
Preme aquí para descargar as plantillas nas que facer os puzzles.
Preme aquí para descargar as láminas en cor para recortar.
Que descubrimiento de recursos! Muchas gracias por tu trabajo!
ResponderEliminar