Ola de novo!
Hoxe vos comparto unha idea que sempre me gustou moito: o uso das pinzas da roupa para facer actividades de asociación.
Neste caso o novo material consiste nunha serie de tarxetas que recollen vocabulario clasificado por campos semánticos (roupa, froita, verduras e hortalizas, doces e chuches, profesións, xoguetes, etc.). A misión do neno ou a nena sería a de buscar e colocar a pinza da cor que corresponda co obxecto traballado. Por exemplo: colocamos a pinza amarela ao lado do plátano (amarelo).
Desta forma estamos a traballar:
- Asociación de cores.
- Vocabulario e categorización.
- Motricidade fina.
- Atención visual.
Se vos gusta a idea e a queredes poñer en práctica podedes descargar o material premendo aquí.
Un saúdo e recordade:
TODO VAI SAÍR BEN!
Comentarios
Publicar un comentario