Mariquitas de carnaval

Ola de novo!

Hoxe comparto un material que preparei para festexar e traballar o concepto do carnaval. Coma sempre seguindo a metodoloxía teacch dada a importancia do carácter manipulativo nas sesións co noso alumnado.

Para este material inspireime no clásico xogo das mariquitas de papel. Pero neste caso empreguei os pictogramas de ARASAAC que tanto empregamos cos nosos alumnos e unha versión plastificada e con velcro para que nos duren máis tempo.

A primeira posta en práctica gustou, agora so queda úsalo cos alumnos estes días e ver se lles gusta. Espero que si.

Se o queres probar na casa ou na túa aula podes descargalo aquí!

Comentarios