Hoxe comparto uns libros personalizados de Audición e Linguaxe que elaborei para varios dos meus alumnos. Están totalmente adaptados cos pictogramas de ARASAAC e seguen a metodoloxía teacch favorecendo unha aprendizaxe manipulativa.
Hai dúas versións: unha está orientada a traballar a lectura global e a articulación, e outra orientase a integrar rutinas (o tempo, o menú), aprender xestos, e practicar a relación imaxe real e pictograma.
Aquí deixo unhas fotillos do material para que vos fagades unha idea.
Se vos gusta e o queredes descargar pincha aquí.
-Libro de AL1 (Lectura global e articulación)
-Anexo libro de AL1 (Diario cole-escuela)
-Guía explicativa libro de AL1
-Libro de AL2 (orientados a nenos con TEA)
Comentarios
Publicar un comentario