Ola de novo!
Hoxe comparto as receitas que seguín para crear unha serie de botellas sensoriais. As botellas sensoriais poden conter un gran variedade de cousas (auga, purpurina, gomitas, pompos, follas, pedras, garabanzos, etc.). Calquera cousa que se nos ocurra e que estimule os sentidos dos nosos nenos e nenas.
Aquí vos mostro as miñas primeiras botellas sensoriais. Todo un acerto para xogar, relaxar e traballar certos conceptos na aula.
Advertencia: Pode que os nen@s queiran pasarse a sesión enteira cas botellas se llas ensinamos ao comezo da clase. Mellor deixalas para os últimos cinco ou dez minutos se queremos traballar con outros materiais.
Espero que vos gusten!
Comentarios
Publicar un comentario